Cultura
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia apoia a celebración da Mostra de Instrumentos de Música Tradicional de Pardiñas, que se celebra hoxe en Parga

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN DE LUGO
Mostra de Instrumentos de Música Tradicional
AGG
Preto de 30 artesáns amosaron os seus instrumentos na mostra organizada pola Asociación de Gaiteiras Galegas, a "máis antiga da Península Ibérica"

O deputado de Artesanía e Deseño, Efrén Castro, participou esta mañá na inauguración da XXVIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional de Pardiñas, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) no campo da feira de Parga.

A mostra congrega preto de 30 artesáns e artesás que amosan os instrumentos que constrúen nos seus obradoiros, como gaitas, requintas, zanfona, tambores, bombos, pandeiretas ou trompas, entre outros.

Trátase dun dos encontros de luthería máis importantes e antigos da Península Ibérica, así como “un referente indispensable da música tradicional galega”, destacou o deputado, quen aproveitou a ocasión para lembrar “o importante papel formativo e de investigación que se desenvolveu desde o obradoiro de instrumentos creado por Paulino Pérez e Faustino Santalices no ano 51 e cuxo legado garda o Centro de Artesanía e Deseño”.

A mostra, inaugurada co pregón de Camilo Regueiro, promotor e actual vicepresidente da Asociación PuntoGal e destacado investigador do patrimonio musical galego, desenvólvese durante todo a xornada, cun formato adaptado á situación sanitaria, dacordo co seguinte programa:

13.30 h. Ruada co grupo Os Bregadiers
14.00 h. Xantar
17:00 h. Actuación de Galicia Fiddle
19.30 h. Concerto de Airiños da Freba