Cultura
Deputación de Lugo

A Rede Museística ofrecerá obradoiros e actividades relacionados coas tradicións de Nadal

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL
PROGRAMACIÓN NADAL

A Rede Museística Provincial de Lugo preparou unha programación de Nadal para ofrecer a rapazada diferentes obradoiros e actividades vinculadas ás tradicións e hábitos destas datas. Desde este sábado e ata o vindeiro 6 de xaneiro, os catro museos desenvolverán unha variada axenda, con propostas que van desde ata a representación de pesebres ou a recreación da tradición de Cantos de Reis ata a elaboración de elementos decorativos de Nadal.

O programa e o formulario de inscrición nas distintas actividades está dispoñible na plataforma multicanle  www.comunidadermpl.es.

MUSEO FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA

TEAS, TESOIRAS, IMAXINACIÓN...E ACCIÓN
Nestas datas imos poñer en valor a tradición do Nadal elaborando o decorado do evento que vai ser o colofón deste 2021, o PESEBRE VIVENTE.
Data: 11 de decembro
Idades: Todas as idades
Horario: De 12:00h a 14:00h
Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla

VOCEANDO ALEGRÍA
Fermosas e tradicionais panxoliñas soarán nos muros da Fortaleza San Paio de Narla, sendo un ensaio da actuación que vai ter lugar o 23 de decembro.
Data: 18 de decembro
Idades: Todas as idades
Horario: De 12:00h a 14:00h
Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla

PESEBRE VIVENTE
Representación en diferentes salas do noso museo do tradicional presebe, tendo como acto final a interpretación de panxoliñas.
Data: 23 de decembro
Idades: Todas as idades
Horario: De 16:00h a 18:00h
Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla

CANTOS DE SEREA
Actividade incluída no programa “Unha aventura de mar e estrelas” na que mergullarémonos na maxia dos mares e os ceos.
Data: 29 de decembro
Idades: Todas as idades
Horario: De 17:00h a 18:00h
Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla

CANTOS DE REIS
Cantos e sorrisos inundarán as rúas de Friol da man dxs nosxs pequeamigxs, encargados de recuperar unha tradición tan fermosa como os Cantos de Reis.
Data: 5 de xaneiro
Idades: Todas as idades
Horario: De 12:00h a 14:00h
Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla

MUSEO PROVINCIAL DO MAR

CAMIÑOS DE ESTRELAS
Desde fai séculos e séculos as estrelas marcaron os camiños a seguir polos viaxeiros de terra e mar.
Cada época do ano, cada parte do planeta ten ás súas estrelas específicas, e nos ímonos encargar de buscar as que brillan no noso particular ceo.
Data: 29 de decembro.
Prazas: 10.
Horario: de 11:30 a 13:30 horas.
Lugar: Museo Provincial do Mar.

NOVO ANO, NOVO ALMANAQUE
Moitos foron os xeitos nos que a humanidade desde o principio dos días mediu o paso do tempo.
Investigar algún dos diversos almanaques que as diversas culturas usaron e usan será a nosa meta neste case derradeiro último día do ano.
Data: 30 de decembro.
Prazas: 10.
Horario: de 11:30 a 13:30 horas.
Lugar: Museo Provincial do Mar.

MUSEO PAZO DE TOR

A LUMINARIA EN TOR
Un obradoiro moi recorrente no Pazo de Tor porque entusiasma aos máis cativos, e máis por estas datas, cando a luz das candeas e quinqués gardan un significado moi especial, imposible sen as nosas amigas, as abellas, protagonistas deste Obradoiro. Achégate a descubrilo!
Data: 22 de decembro
Horario: 12:00h
Idades: Todas as idades
Lugar: Museo Pazo de Tor

AS POSTAIS, ULAS?
Hoxe, coas novas tecnoloxías e coa dixitalización, as veces, perversa da realidade física, mudou o xeito de nos relacionar e mesmo de transmitir afecto a parentes e seres queridos.
As postais de Nadal tiñan o noso selo, por aquilo que escribiamos no seu reverso. No Pazo de Tor iremos máis aló! Non só expresaremos o amor ou a nostalxia por algunha ausencia querida, tamén faremos a nosa propia postal coa técnica de gravado.
Data: xoves 23 de decembro Horario: 12:00h
Idades: Todas as idades
Lugar: Museo Pazo de Tor

OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA
A maxia dos ceos observarase nun escenario idílico como o Pazo de Tor.
Data: martes 28 de decembro
Horario: de 19:00h a 20:00h
Idades: Todas as idades
Lugar: Museo Pazo de Tor


MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

XOGO DE RETOS: COMO NOS VESTIMOS!
Coñeceremos a vestimenta das diferentes épocas históricas realizando unha xincana polas coleccións do museo. A través de distintos retos, xogos de pistas, mímica, etc... faremos un percorrido pola historia da moda desde a Prehistoria ata os nosos días.
Data: 23 de decembro
Horario: de 17:00h a 19:00h
Idades: de 6 a 12 anos
Lugar: Museo Provincial de Lugo

COÑECEMOS OS ODS PARA APLICALOS
Obradoiro cunha parte teórica onde coñeceremos os ODS para levalos a cabo na nosa vida diaria e outra parte práctica que consistirá en realizar unha planificación mensual, con materiais reciclados, para alcanzar os meus propósitos para contribuír a ter un planeta sostible.
Data: 27, 28 e 29 de decembro
Horario: de 10:30h a 13:00h
Idades: De 8 a 12 anos (máx. 6 nenos por día)
Lugar: Museo Provincial de Lugo

NADAL SOSTIBLE
Aproveitando que estamos no Nadal, onde se fan excesos no consumo de todo tipo de recursos, queremos reflexionar cas crianzas que veñan a esta actividade empregando a Axenda 2030 de Obxectivos de Desenrolo Sostible (ODS). Para así, intentar concienciar en facer un Nadal máis sostible para todxs.
Data: 29 de decembro
Horario: de 17:00h a 19:30h
Idades: Todas as idades
Lugar: Museo Provincial de Lugo

AVENTURA ARQUEOLÓXICA NO MUSEO                                                                                                                                    Este Nadal vén a divertirte ao museo. Axúdanos a resolver os enigmas que se agochan tras as pezas de arqueoloxía. Atoparás antigos tesouros, labirintos e instrumentos misteriosos que irás descubrindo mentres percorres as nosas salas ata completar este reto. Atréveste a vivir esta aventura?
Data: 3 de xaneiro
Horario: de 17:00h a 19:00h
Idades: De 6 a 12 anos
Lugar: Museo Provincial de Lugo

DESCUBRINDO O CEO LUCENSE
Estrelas brillarán no interior do Museo Provincial de Lugo.
Data: 4 de xaneiro
Horario: de 17:00h a 18:30h
Idades: Todas as idades
Lugar: Museo Provincial de Lugo