Cultura
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación editou o libro “Fotografía matemática”, con imaxes de alumnado e profesorado do IES Enrique Muruais

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN DE LUGO
Maite Ferreiro
FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA
cultura
SERVIZO DE PUBLICACIÓNS

A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro participou na Pontenova na presentación do libro “Fotografía matemática”, que recolle unha escolma de fotografías de alumnado e profesorado do IES Enrique Muruais que representan diferentes conceptos matemáticos.

A publicación, coordinada por Sabela Núñez Singala e Rubén Sanjurjo Muíña e editada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, inclúe 169 fotografías elixidas entre máis de medio milleiro que se presentaron ao Concurso de Fotografía Matemática que se celebra no centro desde 2010, dando difusión a un traballo que ata agora só se visibilizara no propio centro e que amosa que “vivimos rodeados de matemáticas"

A Vicepresidencia da Deputacíon de Lugo editou 500 exemplares deste volume, que se repartiron entre alumnado e profesorado do IES Enrique Muruais e se remitirán ao resto de centros de ensino e bibliotecas públicas.

“Desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo consideramos unha obriga colaborar coa comunidade educativa da provincia naqueles proxectos que axuden a facer visible o labor que se desenvolve nos centros de ensino públicos”, explicou na presentación a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, que puxo en valor “a publicación de material de disciplinas científicas en galego”.