Unha actuación conxunta de escolas de zanfona de toda Galiza pecharon o Celme de Zanfona en Lugo
Un encontro de escolas de zanfona de toda Galiza pecharon este mediodía en Lugo a segunda edición de Celme de Zanfona, organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo coa colaboración da Concellería de Cultura de Lugo e a Asociación de Gaiteirxs Galegxs.
A ocasión xuntou máis de 100 zanfonistas das escolas de zanfona do Padroado de Cultura de Narón, Escola de Zanfonas Suso Vaamonde de Pontevedra, Fingoi de Lugo, Tradescola de Lugo, Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Cantigas da Terra da Coruña, Zanfonistas da Pontraga AC Brisas do Quenllo de Tordoia, ETRAD Zanfona Ensemble de Vigo e as Aulas de Zanfona da Escola de Gaitas de Pontevedra e do Conservatorio de Torroso en Mos que tocaron en distintos puntos do casco histórico por separado para acabar cunha actuación conxunta no fondo da Praza Maior.
A música na rúa foi un dos atractivos desta segunda edición de Celme de Zanfona, que tamèn incluíu clases maxistrais e mesas redondas arredor deste instrumento no Centro de Artesanía e Deseño.
Nesta última xornada tivo lugar unha clase maxistral a cargo de Suso Vaamonde, seguida dun coloquio sobre "A procura dos compañeiros de formación", moderado por Suso Vaamonde e coa participación de Antón Castro, Bieito Romero, Manuel Brañas e Pancho Álvarez.