Cultura
Deputación de Lugo

Maite Ferreiro saudou o nomeamento de Fernández del Riego para as Letras Galegas 2023, acordado pola RAG

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
Maite Ferreiro
Letras Galegas
FRANSCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

A  Vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro valorou o nomeamento de Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913 –Vigo, 2010) para as Letras Galegas de 2023 como “unha gran nova para Lourenzá e para a veciñanza e o tecido cultural e asociativo do concello e da comarca, que viña reclamando esta homenaxe para o autor, especialmente desde o 2020, cando se cumpriron 10 anos do seu pasamento”

Así mesmo, manifestou a disposición da “Vicepresidencia da Deputación a contribuír á difusión da súa obra ensaísta, literaria e xornalística e da súa traxectoria pública a prol do idioma e da cultura, como vimos facendo coas autoras e autores homenaxeados nestes tres últimos anos”

A Real Academia Galega acordou o nomeamento de Fernández del Riego este sábado, destacando que a homenaxe cadra “coa celebración do sesenta aniversario do primeiro Día das Letras Galegas, do que foi inspirador, e os cento dez anos do seu nacemento” e definindo ao autor laurentino “como un loitador cultural incansable que chegou a se converter nunha auténtica institución do país, respectado por todos e aberto ás diversas manifestacións do galeguismo” e figura “clave da resistencia no exilio interior durante o franquismo”.