Cultura
Deputación de Lugo

Lugo lembrou a todas as persoas represaliadas polo franquismo no 80 aniversario do Día da Galiza Mártir

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
Memoria Histórica
DÍA DA GALIZA MÁRTIR
Efrén Castro, deputado de Memoria Histórica: "as institucións temos o deber de lembrar a todas as mártires da liberdade da historia do noso pobo"

Vicepresidencia da Deputación de Lugo participou na homenaxe institucional a Alexandre Bóveda e a todas as persoas asasinadas e represaliadas polo franquismo para conmemorar o Día da Galiza Mártir.

No acto, que se celebrou no Vello Cárcere de Lugo, o deputado de Memoria Histórica Efrén Castro  lembrou que este ano se cumplen 80 da instauración deste data en memoria e homenaxe a Alexandre Bóveda, " un símbolo de todas as persoas que loitaron contra o réxime fascista", e engadiu "as institucións públicas debemos honrar a todas as persoas mártires da liberdade na historia do pobo galego". 

A conmemoración do Día da Galiza Mártir foi instaurada en 1942 en Bos Aires, polos galegos no exilio, na honra de Alexandre Bóveda, fusilado polos fascistas na Caeira, en Poio, no 1936. 

A homenaxe, promovida polo Concello de Lugo e a Deputación de Lugo, súmase a outros actos organizados pola sociedade civil e diferentes institucións locais en todo o país e pretende dar un paso máis na rehabilitación da figura de Alexandre Bóveda e de todas as persoas mártires da liberdade que el simboliza na memoria histórica e democrática do pobo galego.