Medio Rural e do Mar, Mocidade
Cultura
Deputación de Lugo

Unha selecta mostra de olerías tradicionais de todo o Estado poderán verse en Lugo durante o San Froilán

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
OLERÍA TRADICIONAL
FEIRA DE OLERÍA TRADICIONAL LUGO
FOLT
Maite Ferreiro
EFRÉN CASTRO
A Vicepresidencia da Deputación e a Concellería de Participación do Concello de Lugo promoven a  Feira de Olería “Tradicional Lugo”,  na Praza de Santo Domingo do 7 ao 9 de outubro

Lugo acollerá a primeira Feira de Olería “Tradicional Lugo” (FOLT) do 7 ao 9 de outubro. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Concellería de Participación e Servizos á Veciñanza presentaron este mércores o evento, que reunirá unha selecta colección de olería tradicional de Galiza e outras rexións do Estado na praza de Santo Domingo.

A concelleira Cristina López explicou que “nace con espírito de continuidade e co obxectivo de converterse nunha das máis feiras relevantes en todo o Estado, dedicada ao bo barro” e destacou “o valor cultural da olería que se reunirá nesta mostra,  que  se sumará a amplia programación do San Froilán”.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo Maite Ferreiro e o deputado de Artesanía e Deseño Efrén Castro destacaron que “a feira incide na labor de promoción e posta en valor da artesanía que se leva a cabo desde o Centro de Artesanía e Deseño, centrada especialmente nas artesáns e artesás das comarcas de Lugo e de Galiza que aquí compartiran espazo con profesionais doutros puntos de Estado”.

A Feira de Olería “Tradicional Lugo” reunirá 14 artesáns e artesás que representan algunhas das tradicións oleiras máis singulares do Estado: Bonxe (Lugo), Gundivós (Lugo), Tioira (Ourense), Buño (A Coruña), Moveros de Aliste (Zamora), Pereruela (Zamora), Arroyo de la Luz (Cáceres), Salvatierra de los Barros (Badajoz), Talavera de la Reina (Toledo), Puertollano (Ciudad Real), La Rambla (Córdoba), Bailén (Jaén), Úbeda (Jaén) e  Ribesalbes (Castellón).

Vasillas destinadas á almacenaxe do gran e do viño, ao coidado dos animais, á iluminación dos espazos,  á protección da casa ou de uso en rituais de nacemento e morte son algunhas das pezas que poderán adquirirse e verse durante eses días na Praza de Santo Domingo, que se converterá nun atractivo escaparate de formas e cores.

Ademais do carácter comercial, na presentación incidiuse no valor cultural da feira, que mostrará unicamente formas tradicionais de olería, valiosas na súa materialidade, pero tamén como obxectos de estudo etnográfico.