A Vicepresidencia colabora na primeira edición das Xornadas sobre diversidade afectivo e sexual, a celebrar o 12 de novembro
A xornada encádrase na liña de traballo que ven desenvolvendo a Rede Museistica para consolidar os museos como espazos de recoñecmeneto e respecto á diversidade
A participación require inscrición previa a través do enderezo concertacionsrmp@gmail.com
O Pazo de San Marcos acollerá o vindeiro 12 de novembro a I Xornadas sobre diversidade afectivo e sexual: novas perspectivas, que pretenden servir de marco para a aprendizaxe e intercambio de experiencias para definir prácticas sociais que dean resposta ás necesidades das persoas LGTBI+.
A vicepresidenta Maite Ferreiro participou na presentación da xornada, organizada polo Movemento de Investigación e Estudo Lucense Diverses e Arelas co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e que pretende, a partir desta primeira edición, crear en Lugo un foro de referencia sobre a diversidade afectivo e sexual, que incorpore a óptica educativa, cultural, sociosanitaria e xurídica.
Ao redor deses campos de coñecemento artéllanse as mesas, conferencias e obradoiros que se desenvolverán durante a Xornada, que se celebrará no Salón de Actos do Pazo de San Marcos. A participación require inscrición previa a través do enderezo concertacionsrmp@gmail.com
A vicepresidenta da Deputación Maite Ferreiro valorou “a posibilidade de acoller en Lugo esta Xornada e avanzar na formación e na creación de coñecemento sobre a diversidade afectivo e sexual en todos os eidos” e “enmarcou a colaboración “nos lazos que a Rede Museística ven creando co tecido asociativo para consolidar os museos como espazos de recoñecemento e respecto pola diversidade e a igualdade de oportunidades”
Na presentación, na sala de Arte Galega: Gravado e Debuxo, a carón de obras de Manuel Bujados, a xerente da Rede Museística Provincial Encarna Lago incidiu "no valor da arte e do traballo creativo como ferramenta para abordar os temas que se formulan nestas xornadas” e sinalou “a necesidade de traballar desde os museos cunha perspectiva social"
Cristina Palacios, presidenta de Arelas e membro do comité organizador, valorou como “ineludible e moi necesario nuns tempos nos que vemos un retroceso cara aos dereitos das persoas LGBTIQA+ e especialmente coas persoas trans".
Programa
10.00 horas Conferencia de Apertura. “Cuestionando a cisheteronormatividade na escola: bibliodiversidade como exemplo de boas prácticas”.
Ana M. Amigo-Ventureira. Profesora e impulsora do proxecto “Bibliodiversidade: as bibliotecas como axentes para educar na diversidade afectivo e sexual”.
11.00 horas. Conferencia “Algúns debates éticos, políticos e antropolóxicos sobre a necesidade dunha educativo afectio e sexual integral”.
Enrique Latorre Ruiz. Doutor en Filosofía pola USC, onde traballo como inestigador na Facultade de Ciencias da Educación. Os seus intereses céntranse nos estudos feministas da ciencia e a tecnoloxía e as políticas queer.
12.15 Conferencia: “Coeducar en diversidade, coeducación en igualdade: crear un centro onde poidamos ser nós mesmes”
Paloma García García. Profesora de Música, Igualdade e Artes escéncia e Danza no IES Castro Alobre de Vilagarcía e integrante da Rede Educativa Apoio LGBTIQA+ de Galicia.
16.00 horas Conferencia: "Acompañamento profesional a persoas trans e con xéneros expandidos desde un modelo transpositivo”
Sore Vega Sandín. Psicólogue. Impulsore do Servizo TRANSIT da Sanidade Pública Catalá, acompañando en procesos terapeúticos a máis de 500 persoas trans e non binarias.
17.00 horas. Conferencia: “Situación legal/leis LGTBIQA+ do país”
Miguel Vieito. Xurista,avogado, investigador e asesor legal de Arelas.
18.15 Mesa de presoas LGTBIQA+ falando das súas experiencias no ambito educativo, legal, sanitario e da saúde mental.
19:30 horas. Obradoiro sobre diversidades sexo-xen´ricas
Vicente Blanco e Salvador Cidras, profesores da área de Didáctica da Expresión Plástica da USC na Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo.