Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia  financiará o desprazamento de Ritmo Lugo ao Campionato do Mundo de Baile Deportivo

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
Deportes
EFRÉN CASTRO
RITMO LUGO
BAILE DEPORTIVO

A vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro e o deputado de Deportes Efrén Castro recibiron esta tarde no Pazo de San Marcos ao club lucense Ritmo Lugo, que conta as horas para a súa participación no Campionato do Mundo de Baile Deportivo.

Dez deportistas da entidade lograron a clasificación para disputar esta final mundial que se disputa esta fin de semana en Varsovia, en Polonia, un desprazamento para o que contarán cunha achega da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Na súa visita ao Pazo de San Marcos antes de viaxar cara a Polonia, amosaron algunhas das cualidades que os levaron ao Campionato Mundial, ampliando así as participacións internacionais de representantes lucenses nesta modalidade deportiva.

Maite Ferreiro e Efrén Castro amosaron o seu apoio as bailarinas e bailaríns de Ritmo Lugo, que viaxan o xoves cara a Polonia para competir durante a fin de semana en diferentes probas de salsa, merengue e bachata. Os responsables provinciais aproveitaron para recoñecer a dedicación e esforzo o club e das familias para ofrecerlles aos seus fillos e fillas a posibilidade de vivir a experiencia de participar nun campionato mundial.