Cultura
Deputación de Lugo

Maite Ferreiro  felicitou a Mónica Alonso polo ingreso na  Academia Galega de Belas Artes, este mediodía no Mihl de Lugo

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
cultura
Maite Ferreiro
MÓNICA ALONSO
RAGBA
A Vicepresidencia  da Deputación editou a publicación co discurso de ingreso da artista, baixo o titulo “A arte que cura”

a vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro asistiu este mediodía ao acto de ingreso da artista plástica Mónica Alonso na Real Academia Galega de Belas Artes, celebrado no Museo Interactivo da Historia de Lugo (Mihl).

A artista da Fonsagrada tomou posesión como academia numeraria da Sección de Pintura e Gravado cun discurso titulado "A arte que cura",  no que afondou no significado  da cor e dos espazos na súa obra e falou do valor terapeútico da creación artística, ademais de valorar o apoio do Museo Provincial de Lugo ao longo da súa traxectoria. 

O acto celebrouse en Lugo por iniciativa da artista, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que editou a publicación co seu discurso de ingreso e a resposta de Menchu Lamas,  e da área de Cultura do Concello de Lugo.

Maite Ferreiro felicitou a Mónica Alonso polo ingreso na institución académica como recoñecemento a unha traxectoria creativa de trinta anos e valorou a celebración en Lugo dun acto de tanta relevancia para a arte galega.