Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Mónica Freire destaca na Festa da Androlla de Navia de Suarna o potencial dos sectores agroalimentario e gandeiro

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
medio rural
Mónica Freire
Festa da Androlla

A deputada de Medio Rural Mónica Freire asistiu á Festa da Androlla de Navia de Suarna, que se celebrou esta fin de semana e na que se puxeron á venda 4.000 quilos deste embutido tradicional.

Mónica Freire amosou o seu respaldo “a esta celebración que pon en valor un produto tradicional que, ademais da súa elaboración doméstica, está a xenerar oportunidades no sector agroalimentario e gandeiro, que son sectores chave para o dinamismo económico e social, especialmente nas zonas de Montaña”

Medio Rural da Deputación está a potenciar a actividade gandeira e a elaboración de produtos agrogandeiros de calidade a través de iniciativas como o programa Da Escola á Granxa, co que, entre outras actividades, escolares de toda a provincia puideron coñecer nos últimos meses o proceso de elaboración deste embutido.