Cultura
Deputación de Lugo

Obradoiros de cestería e demostracións de pintura mural, traballo con pedra e tecido con esparto para celebrar os Días Europeos da Artesanía

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
artesanía
EFRÉN CASTRO
REQUE
DÍAS EUROPEOS DA ARTESANÍA
Efrén Castro presentou o programa de actividades que se desenvolverá do 27 de marzo ao 2 de abril en Reque e que “pretende dar a coñecer a riqueza e singularidade da artesanía lucense”


A Vicepresidencia da Deputación de Lugo súmase a celebración dos Días Europeos da Artesanía, cunha programación de obradoiros e demostracións de cestería, traballo con pedra, pintura mural e tecido con esparto que se desenvolverá do 27 de marzo ao 2 de abril en Reque, en Lugo.

O deputado de Artesanía e Deseño Efrén Castro convidou a participar “nestas actividades que pretenden dar a coñecer a riqueza e singularidade da artesanía lucense. Durante unha semana, poderemos aprender e disfrutar do traballo de artesás e artesáns que revisan e actualizan oficios tradicionais e técnicas ancestrais ligadas á terra, para achegar solucións contrastadas e ecolóxicas”.

Destacou ademais que as actividades “se desenvolvan nun espazo como o Lugar de Reque no estamos a recuperar para a cidadanía de Lugo e para todas as persoas que visitan a cidade con propostas formativas e lúdicas en beneficio dun consumo máis responsable e  un futuro máis sostíbel”.

O programa contempla obradoiros de cestería orientados ao público en xeral que estarán dirixidos polas artesás Beatriz Valín, Carlos Rubio, Carmen Fieiras,  Idoia Costa e María Folgueira.  Durante a fin de semana,  Álvaro Leiro máis enfocada a cesteiras e cesteiros profesionais.

O prazo para as inscricións está aberto desde o 21 ao 24 de marzo. As persoas interesadas en participar poden solicitalo  a través do enderezo electrónico lugardereque@deputacionlugo.org, indicando nome, DNI e contacto.

O programa inclúe tamén demostracións, que non requiren inscrición previa, dirixidas por Doa Ocampo, que desenvolverá un dos seus murais da serie Reforestando; Xabier Quijada que traballará na restauración do forno do Lugar de Reque e Agnes Baldomá, que traballará o tecido con fibras vexetais.

Programa