Dez artistas de Galiza e Portugal expoñen a súa obra na mostra "Cravos coma toxos", na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos ata o 22 de xuño
A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolle desde este mércores a mostra colectiva “Cravos coma toxos”, que reúne obra de dez artistas de Galiza e Portugal: Andy James, Antía Caldeiro, Carlota Caçador, Fernando Voyeur, Hermes, Hugo Sousa, Noemí Nuñez, Noemí Parguelas e Nuria López.
Comisariada por Serxio Díaz Marey, amosa pezas que van dende o téxtil á foto, pasando pola pintura, a instalación, a cerámica e incluso a publicación, coa vontade de “descubrir a interrelación entre a sociedade galega e portuguesa” e “rexuntar dous pobos a través da arte e a cultura".
A mostra permanecerá aberta ata o 22 de xuño.