Cultura
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo lanza un novo programa para reforzar a axenda cultural e lúdica nos concellos

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
cultura
Maite Ferreiro


A área de Cultura destina 300.000 euros á iniciativa, que incluirá actuacións de música, danza, maxia, circo e obradoiros

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en marcha o programa Xunt@s polo serán, unha iniciativa de natureza cultural e festiva que servirá de paraugas para articular unha axenda de actuacións de música, danza, maxia, circo e obradoiros polos diferentes concellos e comarcas, contribuíndo a ampliar a actividade cultural en todo o territorio.

A vicepresidenta da Deputación Maite Ferreiro explicou que “desde a área de Cultura reforzamos a aposta por levar actividades culturais e lúdicas a todo o territorio, con este novo programa que incluirá diferentes disciplinas artísticas e que pretende ser un apoio ao traballo de concellos e asociacións culturais”.

Como facemos con outras programacións, coma o Tradigalu, de música tradicional,  ou os circuítos de teatro, traballaremos con concellos e colectivos para que estas actuacións cheguen a todo o público e se convirtan en actos participados, que conecten á veciñanza e poñan en valor a capacidade creativa de grupos e artistas de todas as disciplinas”.

O programa, que se aprobou o pasado venres na Xunta de Goberno, contará cun investimento de 300.000 euros.