Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Éxito de participación na mostra de razas autóctonas de Arante, co apoio de Medio Rural da Deputación de Lugo

VICEPRESIDENCIA DEPUTACION LUGO
medio rural
Mónica Freire
MOSTRA DE RAZAS AUTÓCTONAS DE ARANTE
Ribadeo

Arante acolleu este sábado a primeira mostra de razas autóctonas, organizada pola Asociación de Veciños coa colaboración de Medio Rural da Deputación de Lugo.  Un evento novo no calendario das feiras e exposicións de gando da Mariña que tivo unha boa acollida por parte das gandeirías e da veciñanza da comarca.

Máis de medio cento de exemplares de razas bovinas autóctonas, ovella e cabra galega, galiña de Mos, cabalo de Pura Raza Galega e porco celta puideron verse no recinto gandeiro, punto central dunha xornada lúdica con comida popular, carreiras de cabalos, xogos tradicionais e verbena. 

Mónica Freire felicitou a Asociación de Veciños de Arante pola iniciativa, "que demostra o potencial da tradición gandeira como motor de dinamización económica e social" e  destacou a importancia de "promocionar as razas autóctonas e os seus produtos derivados ante o sector e ante a sociedade no seu conxunto".