A Vicepresidencia da Deputación colabora con A Verbena Fest, os días 4 e 5 de agosto en Sarria
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou este mércores na presentación do cartel do festival A Verbena Fest, que se celebrará en Sarria os días 4 e 5 de agosto e que conta co apoio da área de Cultura, entre outros patrocinadores institucionais e privados
As bandas Second, Sexy Zebras e The Rapants encabezan o cartel dun festival no que actuarán tamén Kamikaze Helmets, Louband, Malenne Dúin, Grande Osso e Los Naipes.
O vicepresidente da Deputación de Lugo amosou o apoio da área de Cultura ao festival, que "é unha mostra máis do dinamismo e da enerxía da mocidade e do tecido asociativo de Sarria, que está a encher a vila de actividade cultural e musical”, destacou.