Cultura
Deputación de Lugo

A parroquia de Castelo, en Taboada, prepara unha nova edición da Queima das Fachas

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
cultura
Queima das Fachas
CASTELO
Taboada
FESTAS CON LUME
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora na organización desta festa do lume, declarada Festa de Interese Turístico

A deputada de Cultura Iria Castro participou este luns na presentación da Queima das Fachas de Castelo, en Taboada, que se celebra na noite do 7 ao 8  de setembro coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A Asociación Cultural As Fachas revitalizou e mantén viva esta festa tradicional con lume na que participan boa parte das casas da parroquia, que se encargan de facer as fachas cun pé de madeira e agucios. A queima das fachas, ao redor dunha trintena, faise no castro de Castelo.

No acto, Iria Castro remarcou “a implicación da veciñanza para dar continuidade a esta tradición e manter o patrimonio inmaterial e material que conforman a nosa identidade” e sinalou “o compromiso da Vicepresidencia da Deputación de Lugo co tecido asociativo que desenvolve un papel fundamental na dinamización cultural e social das parroquias”. A area de Cultura achega 3.000 euros á colaborar na organización da Queima das Fachas.

A xornada do xoves comezará coa colocación das fachas no alto da castro desde as primeiras horas da mañá. Na xornada de tarde, no local social de Castelo realizarase un taller de construción de fachas. A partir das 21.00 horas, celebrarase a comida popular previa ao acendido das fachas, que comezará as 11.30 horas.

A Queima das Fachas de Castelo, declarada Ben de Interese Cultural e Festa de Interese Turístico, é unha das tres festas do lume que se conservan en Galiza, xunto a de Vilelos, no Saviñao, e a de Castro Caldelas. A Asociación Cultural As Fachas participa en xornadas e outras iniciativas de difusión e estudos das festas do lume na Península.