Iria Castro entregou os Premios María Luz Morales, que recoñece os mellores traballos de investigación científica sobre audiovisual
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a organización destes premios, convocados pola Academia Galega do Audiovisual
A deputada de Cultura Iria Castro participou este xoves na entrega dos VII Premios María Luz Morales, que convoca a Academia Galega do Audiovisual (AGA) co obxectivo de promover a investigación científica no ámbito audiovisual e que contan coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e das outras tres institucións provinciais.
O acto, que organizan de forma rotatoria as deputacións, celebrouse no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. Na súa intervención, Iria Castro parabenizou ás persoas premiadas e valorou o certame "que fomenta a investigación en materia audiovisual, incentivando e recoñecendo cunha dotación económica o traballo e a iniciativa de investigadores e investigadoras, e contribuíndo, no colectivo, a crear un corpo teórico en galego sobre o audiovisual. Estas aproximacións teóricas fortalecen a creación e a produción audiovisual galega” concluíu.
Premios
Mellor ensaio escrito sobre o audiovisual galego: 'O campo de atrás: paisaxes rururbanas no cinema galego' de Iván Villarmea Álvarez.
Mellor ensaio escrito sobre audiovisual internacional: "Glitch: A arte do accidente. Ontoloxía e evolución" de Manuel Iglesias Vila.
Accésit para "Hipercinema: Queimar ós ollos, romper ós oídos / Revolucionar o mundo" de Víctor López González
Mellor videoensaio sobre o audiovisual galego: "Os espazos do cinema" de Miguel Casaseca Santos
Mellor videoensaio sobre audiovisual internacional: 'Almodóvar roda sobre rodas' de Juan Ares Pérez.