A Vicepresidencia apoia a divulgación da historia local coa edición do libro "Monterroso: un orónimo, unha xurisdición, un concello" de Carlos Vázquez
A deputada de Cultura Iria Castro participou na presentación do libro "Monterroso: un orónimo, unha xurisdición, un concello" de Carlos Vázquez García.
O estudo, editado polo Servizo de Publicacións dependente da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, aborda os feitos máis salientables da historia do concello de Monterroso dende as primeiras manifestacións de asentamentos humanos ata o século XIX.
A deputada valorou o minucioso traballo do autor, catedrático de Lingua Galega e Literatura no ensino secundario e presidente da Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, e explicou "a labor que o Servizo de Publicacións desenvolve para facilitar que este tipo de publicacións, que abordan e documentan a historia local, sexan editados e teñan a distribución e a difusión que lles corresponde"