Cultura
Deputación de Lugo

Iria Castro participou na presentación da Foliada da Fonsagrada, referente cultural da montaña e “unha mostra de que a mocidade está pulando por un futuro aquí"

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
cultura
FOLIADA DA FONSAGRADA
música tradicional
IRIA CASTRO

A deputada de Cultura Iria Castro participou na presentación da Foliada da Fonsagrada, que se celebrará do 7 ao 9 de decembro co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

No acto, celebrado este mediodía no Concello da Fonsagrada, a responsábel provincial remarcou o papel da Asociación Petapouco e a Destempo, organizadora da Foliada, como “un referente dinamizador da montaña” e unha mostra de que “a mocidade está viva e pulando por un futuro no na montaña e no interior”

No tocante ao programa, destacou a singularidade da Foliada, que “celebra a vida de gaiteiros e fai homenaxes a bailadoras octoxenarias, creando comunidade arredor da música tradicional” e sinalou a presenza de músicas de Portugal e Asturies, como mostra dos lazos culturais destes territorios con Galiza.

Caamaño&Ameixeiras, Mondra, Tiruleque, Alana, Axeigo, Omiri, L-R e Irmaus da Raia Seca actuarán na Foliada, que tamén homenaxeará a Kepa Junkera co espectáculo Polavilak. Obradoiros de percusión co músico asturiano Ramsés Ilesies, un obradoiro de iniciación ao baile con Ismael Carcedo, unha homenaxe ás bailadoras da Fonsagrada, unha feira de artesanía, cantos de taberna polos bares colaboradores e a presentación do libro “Herminio Villaverde. A trompa da Fonsagrada” completan o programa desta oitava edición da Foliada da Fonsagrada.