Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Muras celebra a oitava edición da Feira do Mel de Montaña, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
RURAL
apicultura
FEIRA DO MEL DE MONTAÑA
Muras
DANIEL GARCÍA
Trinta postos de mel e produtos derivados venderán os seus produtos na feira o domingo 10 no Viveiró

Muras celebra esta fin de semana a oitava edición da Feira do Mel de Montaña,  coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O deputado Daniel García, o alcalde de Muras Manuel Requeijo e a tenente alcalde Paula Gómez, acompañados por Isabel Goti e Manuel Ferreira da Casa do Mel de Goente , presentaron o programa de actividades, que pon en valor a calidade do mel das producións locais.

A feira, que se abrirá o domingo ás 10.00 horas, no Viveiró contará cunha trinta de postos de venda de mel e outros produtos derivados ou elaborados con mel -hidromel, cervexa, cera -, entre eles oito postos de produtoras e produtores de mel de Muras que participarán tamén na cata de mel que se celebrará o sábado pola tarde.

O alcalde de Muras Manuel Requeijo valorou a Feira do Mel como "un evento consolidado co que fomos cumprindo os obxectivos que nos marcamos inicialmente de promocionar o mel de montaña e  poñer en valor as producións locais"  e convidou "a achegarse a Muras para disfrutar do produto e dun espazo único como o Viveiró, nun día que reflicte o dinamismo e vida que hai no rural

Daniel García explicou que “desde a área de Medio Rural valoramos especialmente estas iniciativas que inciden na diversificación produtiva, promovendo actividades como a apicultura que xeneran rendas complementarias para as persoas que viven no rural e contribúen ao mantemento do medio natural” e valorou “o traballo que o goberno municipal de Muras ven desenvolvendo para dinamizar económica e socialmente o concello a partir do aproveitamento do monte”.

A feira e cata de mel compleméntase cun programa lúdico con demostracións de cociña -con Lucía Freitas-, obradoiros de cociña ou elaboración de cera para as máis pequenas e actuacións musicais para amenizar a xornada.

Programa