Últimos días para inscribirse nas xornadas sobre a arte do exilio galego que organiza o Museo Provincial de Lugo
Mañá, mércores, remata o prazo para inscribirse na Xornada de conferencias "A arte do exilio galego no Museo Provincial de Lugo", que terá lugar o xoves 14 pola tarde. 40 persoas procedentes de distintos puntos de Galiza e do resto do Estado ou da Arxentina, anotáronse xa para participar neste encontro, coordinado por Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo, e Inmaculada Real, profesora da Universidade Complutense de Madrid, que ten como obxectivo analizar a influencia do exilio na produción creativa de artistas expulsadas polo golpe militar do 36 e a ditadura franquista.
A inscrición pode realizarse a través do formulario dispoñible no Museo Provincial de Lugo e na web www.comunidadermpl.gal.
As persoas que non precisen certificación de participación na actividade e queiran asistir ás conferencias tamén poderán facelo achegándose o xoves 14 ao Museo. A asistencia estará condicionada ao aforo da sala de exposicións que acolle a mostra "O silencio da pintura" de Leopoldo Nóvoa.
Programa
16:00 h. Presentación da xornada: Iria Castro. Deputada Delegada de Cultura. Vicepresidencia da
Deputación de Lugo.
16:00 h. Da reconstrución do nacionalismo galego no exilio, ao retorno artístico. Inmaculada Real López, profesora da Univesidade Complutense de Madrid.
17:00 h. Fronte da arte. O social na arte galega desde a Segunda República ao exilio. Carlos López Bernárdez, profesor e ensaista
18:00 h. O exilio de Castelao: Lonxe da Galiza / Sempre en Galiza. Pilar García Negro, profesora e investigadora, e Rosario Sarmiento, historiadora da arte e comisaria da exposición “O silencio da pintura” de Leopoldo Nóvoa.
18:30 h. Palestra, moderada por Aurelia Balseiro, sobre a presenza do exilio galego na programación museística, cultural e docente coa participación dos anteriores relatores.
19:00 h. Visita práctica guiada ás coleccións do exilio do MPL e presentación do seu folleto divulgativo.
20:00 h. Conclusións e remate