Cultura
Deputación de Lugo

A Rede Museística Provincial convida a participar nun encontro coa comunidade migrante o luns 18 de decembro

REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL
cultura
Día do Migrante
CULTURAS EN DIÁLOGO

Coindicindo co Día da Persoa Migrante -o 18 de decembro-, a Rede Museística Provincial de Lugo organiza un encontro dirixido a visibilizar todas as realidades das mulleres migrantes.

A xuntanza celebrarase desde as 18.30 horas na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos, arredor da inauguración dunha exposición temporal que recolle as iniciativas desenvolvidas pola RMPL coa partipación da comunidade migrante, desde as propostas pioneiras, no inicio do programa Culturas en Diálogo, ata o  último proxecto: Mulleres nas/das aldeas, que pon o foco no traballo da comunidade migrante no rural.

No encontro, no que participarán algunhas das protagonistas destes proxectos, está aberto á participación do público en xeral.

Proxección de Ronsel de futuro no Vello Cárcere

A xornada completarase coa proxección no Vello Cárcere (20.00 horas) da web serie documental Ronsel de futuro, de Brian Rodríguez e Rubén Pérez, que fai un percorrido polos catro museos provinciais -Museo do Mar, Museo-Fortaleza San Paio de Narla, Pazo de Tor e Museo Provincial de Lugo -, a través de artistas, colectivos e asociacións que participan nas súas actividades.

cartel