As fotografías de Adra Pallón, nos catro museos provinciais ata o 1 de marzo
Os catro museos da Rede Museística Provincial – Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Pazo de Tor e Museo Fortaleza de San Paio de Narla- amosan ata o vindeiro 1 de marzo o traballo fotográfico documental de Adra Pallón.
Os incendios forestais, a loita obreira fronte á desindustrialización, o éxodo silencioso do rural e a realidade da clase traballadora son as temáticas que protagonizan o percorrido fotográfico que propón o premiado fotógrafo lucense baixo o título “Intrahistorias.Luz entre as cinzas”.
A deputada de Cultura Iria Castro participou esta tarde na presentación e coloquio da mostra, na que Adra Pallón falou sobre o medio fotográfico e a relación deste coa sociedade actual.