Cultura
Deputación de Lugo

O Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia despide o ano con representación en Cospeito, Mondoñedo, O Corgo e A Pastoriza

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
cultura
TEATRO AFECCIONADO
IRIA CASTRO

A área de Cultura programou 128 representacións de 32 compañías ao abeiro desta iniciativa, que cumpre 15 edicións

Iria Castro valorou “a rede creativa e de difusión cultural que xeneran as compañías de teatro afeccionado”

Representacións en Cospeito, Mondoñedo, O Corgo e A Pastoriza pechan por este ano o Circuíto de Teatro Afeccionado organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que programou 128 representacións de 32 compañías no último semestre do ano.

A deputada de Cultura, Iria Castro, convidou a asistir a estas últimas funcións -o venres e o sábado- e destacou a importancia do circuíto na programación cultural dos concellos, lembrando que "chegamos a medio cento de concellos, espallando o teatro e a cultura por todo o territorio, atendendo especialmente aos municipios do rural”.

A responsábel provincial agradeceu tamén “a implicación das compañías de teatro que formaron parte desta edición” e valorou que este ano “aumentaron en tres as compañías e en máis de 40 as representacións. Isto confirma a importancia da rede creativa que se forma arredor das compañías  de teatro afeccionado, non só polo seu traballo na escena, se non tamén por canalizar a creatividade e as inquedanzas culturais de toda a sociedade”.

128 representacións de 32 compañías

O Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo arrancou a finais de xuño cun calendario que incluía 128 representacións de 32 compañías amadoras que suman máis de 300 actores e actrices: Asociación Cultural Abrente (As Nogais), Alentía Teatro (Palas de Rei), Metátese Teatro (Palas de Rei), Grupo de Teatro da Biblioteca Municipal de Antas de Ulla, Falcatrueiros (Monterroso), Argalleiras (Chantada), Teatreiras (Monforte), Viraventos (Monforte), Hipócrita Teatro (Lugo), Grupo de Teatro do Hospital – HULA (Lugo), Os Palimoquiños (Lugo), Nova Escena (Lugo), Curuxan Teatro Impro (Lugo), Grupo de Teatro Down (Lugo), Os Pinchacarneiros (Lugo), Lume Escénico (A Pontenova), O Centiño (Foz), O Torques (Burela), Pico do Castro (Foz), A Mariña (Cervo), A Adala (Foz), Colectivo Cultural Ollomao (Barreiros), O Bordelo (Cervo), Borguete Teatro (Vilalba), Os Trocos (Castro de Rei), Os Baluros (Castro de Rei), Rebuldeira (Sarria), Ardora (Cervo), 57 Palabras (Viveiro, A Adala Futura (Foz),Os Pícaros da Lagoa (Alfoz) e Grupo Humorístico Trípode (Alfoz).

O Circuíto de Teatro Afeccionado xurdiu en 2008 como Buxiganga, sentando as bases dunha rede de compañías de teatro afeccionado que foi medrando e consolidándose nestes quince anos, e gañando terreo nas programacións dos concellos.

Axenda da fin de semana

O covid do mariñán (O BORDELO)
Venres, 29 de decembro | 20:30h | AUDITORIO (MONDOÑEDO)

O velorio (BORGUETE TEATRO)
Venres, 29 de decembro | 22:00h | IGREXA VELLA DE MUIMENTA (COSPEITO)

O velorio (BORGUETE TEATRO)
Sábado, 30 de decembro | 20:30h | LOCAL SOCIAL DE CELA (O CORGO)

Pan con chocolate (COLECTIVO CULTURAL OLLOMAO)
Sábado, 30 de decembro | 21:00h | CASA MARIÑA FOLGUEIRA (A PASTORIZA)