O Museo Provincial de Lugo incorpora á súa colección permanente unha obra do pintor Leopoldo Nóvoa
O Museo Provincial de Lugo incorpora á súa colección de arte galega unha obra do artista lucense Leopoldo Nóvoa (1919-2012), unha das figuras máis relevantes da pintura abstracta contemporánea. Trátase de “Samos”, un cadro que ten como elemento central unha lasca de pizarra recollida polo pintor na vila de Samos, doada ao museo pola viúva do pintor, Susana Carlson.
Será a primeira obra de Leopoldo Nóvoa coa que conte o Museo Provincial de Lugo na súa colección permanente, ampliando os fondos de artistas galegos contemporáneos do centro provincial.
A deputada de Cultura Iria Castro e a directora do Museo Provincial de Lugo Aurelia Balseiro ao recibiren a doazón, da man de Rosario Sarmiento, comisaria da exposición “Leopoldo Nóvoa. O silencio da pintura”, que pode verse na Sala de Exposicións Temporais ata o 4 de febreiro.
"Samos"
O título da obra alude ao elemento central da mesma, unha lasca de pizarra da que parte o discurso da obra, recollida polo pintor na vila de Samos e sobre o que establece a estructura e discurso da obra. Unha obra que sen dubida, representa moi ben o que foi a plástica de Leopoldo Nóvoa (1919-2012), un dos artistas incuestionables da pintura abstracta contemporánea tanto de dentro como de fóra de Galicia.
Foi realizada en Armenteira (Pontevedra), na casa-taller na que Leopoldo Nóvoa, pasaba largas tempadas estivais, e que constituía un dos seus espazos de creación mais importantes. Un lugar da gran sobriedade, beleza e recollimento que Nóvoa levaba as súas obras.
En "Samos" esta presente, nese sentido, o valor da sobriedade no discurso plástico de Leopoldo. É unha obra na que predomina os negros o grises, apenas rotos por una banda de cor rojizo que atraviesa a sua superficie lateralmente.
É unha pintura austera, creada a partir dos xogos da materia, do espazo e a luz, elementos que sempre utilizou Nóvoa para articular as súas obras, logrando a beleza maís complexa, aquela que se consigue co máis simple.