Cultura
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación colabora cunha nova edición do Lugo Cultural, que cumpre tres décadas

Lugo Cultural
universidade de Santiago de Compostela
IRIA CASTRO
Maite Ferreiro

A deputada de Cultura Iria Castro participou este mediodia na presentación da programación que se desenvolverá este ano ao abeiro do Lugo Cultural, organizado pola área de Cultura da USC con financiamento da propia USC, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e da concellería de Cultura do Concello de Lugo.

A programación chega neste 2024 ás trinta edicións, cunha axenda que dá continuidade a ciclos e certames artísticos xa consolidados como o Maratón Fotográfico do Campus, o Festival de Teatro Universitario, o Encontro de Danza Universitaria ou o ciclo de música Lubicán, que permiten gozar das creacións de artistas agromadas en Galicia, incluso daqueles que se están a formar fóra, ademais de descubrir e coñecer o talento artístico da mocidade luguesa e galega, a través das súas propostas innovadoras en diversas disciplinas.

Na súa intervención no acto, no que participaron a vicerreitora de Estudantes e Cultura da USC, Pilar Murias, e a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, Iria Castro valorou a contribución do Lugo Cultural a "achegar o campus á cidade a través da cultura, facilitando que o estudantado universitario poida coñecer mellor Lugo e todo o que ofrece".