Cultura
Deputación de Lugo

Belém Tajes, Antía Muíño e MJ Pérez puxeron o peche ao Día de Rosalía en Lugo

DÍA DE ROSALÍA
IRIA CASTRO
Maite Ferreiro
Belém Tajes
ANTÍA MUIÑO
MJ PÉREZ

A creación e a produción musical galega e feminina protagonizaron o Día de Rosalía en Lugo co festival “As literatas para Rosalía de Castro” que reuniu na Cápela de Santa María a Belém Tajes, Antía Muíño e MJ Pérez.

Durante as actuacións, organizadas pola Vicepresidencia da Deputaciòn coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela e da área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Iría Castro e Maite Ferreiro entregaron as artistas o csravfl e a lámina conmemorativa coa que se agasallou as personas que visitaron os museos provinciales ao longo desta xornada na que se celebra o 187 aniversario da poeta nacional.

O Museo Provincial tamen acolleu o “Encontro de saberes arredor de Rosalía de Castro”, no que a profesora honoraria da UDC e sociolingüísta Pilar García Negro e a profesora de Lingua e Literatura Galega da mesma universidade e especialista en literatura e xénero  Mª do Carme Fernández, disertaron sobre a figura de Rosalía de Castro a partir da proposta temática “Intrahistorias de A las orillas del Sar, El primer loco e o patrimonio documental e artístico do Pazo de Tor”, que relaciona o patrimonio e a historia do Pazo de Tor con temáticas presentes  na obra de Rosalía de Castro  como a enfermedades mental ou a defensa ecolóxica da carballeira de Conxo fronte a un poder foráneo.