Cultura
Deputación de Lugo

A deputada Iria Castro participa na presentación Calendario Maratón Fotográfico

Lugo Cultural
Maratón Fotográfico
IRIA CASTRO
Maite Ferreiro

A deputada de Cultura Iria Castro participou esta tarde na presentación do calendario do XXIX Maratón Fotográfico, o certame fotográfico organizado no marco do programa Lugo Cultural que desenvolve a área de Cultura do Campus de Lugo coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e da área de Cultura do Concello de Lugo.

Como en cada edición, o xurado do certame seleccionou 12 fotografías para confeccionar o almanaque, que recolle as actividades do Lugo Cultural 2024 e que se distribuirá entre a comunidade universitaria. O acto coincidiu coa inauguración na Biblioteca Provincial de Lugo da exposición fotográfica organizada coas imaxes presentadas ao certame, tras o seu paso pola Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo.

No acto, a deputada de Cultura confirmou "o compromiso da Vicepresidencia da Deputación co Lugo Cultural, que amplía a axenda da cidade e impulsa a creatividade entre a comunidade universitaria, así como con todas as iniciativas que afiancen o vínculo da Universidade coa cidade de Lugo".

Lugo Cultural calendario

Fotografías incluídas no calendario

Entre recunchos. José Luis Bermúndez Salinas
Ollo. Rocío Losada Iglesias
Vivir no caos. Esther López Álvarez
Protesta. Cristian Benítez Leiva
Baleiro no interior. Nerea Bermúdez Fernández
Odio chegar tarde. Raquel Carreira Fernández
Caos na factura da luz. Rodrigo Díaz López
A unión dos catro por catro. Estefanía Díaz Rodríguez.
Paisaxe transxénica. Daniel Gómez Magide.
Greetings from Lugo. Rocío Losada Iglesias
Ana-Come-Pan. Lucía Isabel Piñeiro Estévez.
A través do caos. Santiago Tarrío Goy.