Cultura
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia e a Escola Ramón Falcón editan un catálogo das exposicións do 50 aniversario do centro

RAMÓN FALCÓN
Lugo
Capela de Santa María
IRIA CASTRO
O acto terá lugar o 23 de abril, coincidindo co Día do Libro, na Capela de Santa María a partir das 19 horas

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo vén de editar o catálogo das exposicións "Pasado.Presente" e "Futuro" realizadas pola Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón, de Lugo con motivo do seu 50 aniversario. A Capela de Santa María acollerá a presentación deste libro o vindeiro martes 23 de abril a partir das 19 horas.

No documento recóllense traballos de alumnas e alumnos de diferentes promocións dos ensinos que se imparten no centro lucense e que foron expostos no Vello Cárcere e na Capela de Santa María ao longo do ano pasado. A área de Artesanía e Deseño edita así 500 libros, 400 para o centro e outros 100 para a súa distribución.

A Escola, que abriu as súas portas en 1970, conta con 250 estudantes e 33 docentes que se forman en deseño de interiores, deseño gráfico, cerámica, fotografía, gravado e serigrafía.