A Vicepresidencia da Deputación colabora coa VIII Foliada e Feira de Artesanía de Cervo, que se celebrará o 4 de maio
Cervo celebrará o 4 de maio a oitava edición da Foliada e Feira de Artesanía, organizada por Fervenza de Sargadelos, Fol do Raxal e A Morena. A deputada de Cultura Iria Castro participou na presentación deste encontro de música tradicional, na que se deu a coñecer o programa da xornada, que contará coa participación de 15 agrupacións -entre os cantos de taberna e a foliada – e o concerto de Faíscas da Pontraga.
Con outras actividades de promoción da cultura tradicional como un obradoiro de construción de xoguetes música,a cargo de Pablo Pintor, outro de maios, con Branca Villares, xogos populares con Xotramu e a presentación do libro “A Gaita na Terra de Melide” de Suso Ascariz. Na contorna da Praza do Souto instalarans durante a xornada unha ducia de postos de alimentación e artesanía.
Na presentación, a responsábel de Cultura destacou “o papel do asociacionismo de base na dinamización cultural e, especialmente, na conservación e na difusión da música tradicional” e encadrou a colaboración coa Foliada de Cervo “no apoio da área de Cultura ás iniciativas que xurden do asociacionismo e á difusión da música en galego, a través de programas como Tradigalu ou Xunt@s polo Serán”