Cultura
Deputación de Lugo

O Museo Provincial de Lugo inaugurou a mostra “Emocións” de Soledad Penalta

MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
REDE MUSEÌSTICA PROVINCIAL
Soledad Penalta
A mostra, incluída na proposta (Re)coñecer? (Re)presentar? (Re)distribuir?, poderá visitarse dende este xoves ata o 30 de setembro no Museo de Lugo

O Museo Provincial de Lugo inaugurou este xoves a exposición “Emocións” da escultora Soledad Penalta, dentro da proposta (Re)coñecer? (Re)presentar? (Re)distribuir?.

O museo provincial abre así as portas a unha nova mostra da artista noiesa cuxa creatividade ten unha pegada indeleble no panorama artístico galego. A mostra inclúe unha selección coidadosamente curada de vinte pezas de gran formato que capturan a esencia e a destreza da súa produción dos últimos anos.

Contemplar a larga, meditada e coherente traxectoria de Soledad Penalta é percorrer a obra dunha artista que soubo dar os pasos precisos, tanto na estrutura formal como na conceptual, para construír un mundo de emocións, cativador e atraente para o espectador. As súas pezas de aceiro, matizadas por pensamentos escritos e mensaxes abertas, tamén por o silencio e a luz, acadan o propósito primordial da autora, que non é outro que o que Brancusi rubricou nun coñecido aforismo: “Non busquedes aquí fórmulas escuras e misteriosas. O que eu vos dou é pura alegría”

“Emocións” pode visitarse dende este venres ata o 30 de setembro na sala temporal do Museo de Lugo.