Cultura
Deputación de Lugo

Oural celebra o martes a súa Festa da Xuventude

Festa da Xuventude de Oural
Sarria
EFRÉN CASTRO

Oural celebra o vindeiro martes 30 de abril a súa “Festa da Xuventude”, co apoio da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Baixo a premisa de que a xuventude non ten idade” e co obxectivo de reunir á veciñanza, a Comisión de Festas de Oural -formada por Javier Coto e José Manuel Losada- organizan por primeira vez esta festa, que se celebrará a partir das 23.00 horas no pavillón polideportivo coas actuacións do Dúo Estrellas e da charanga Era Visto.

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro achegouse este sábado a Oural para apoiar a iniciativa e destacou “a importancia destas iniciativas para dinamizar as parroquias e crear comunidade”
A colaboración da Vicepresidencia da Deputación coa festa encádrase no apoio da área de Cultura ao asociacionismo e á dinamización das parroquias a través de actividades musicais e lúdicas