Cultura
Deputación de Lugo

A Capela de Santa María acolle unha mostra do vinte aniversario do Conservatorio de Danza

Conservatorio de danza de Lugo
Capela de Santa María
EFRÉN CASTRO
O vicepresidente da Deputación Efrén Castro inaugurou esta exposición que ten como obxectivo realizar un percorrido visual e estético da súa andaina na cidade de Lugo

A Capela de Santa María acolle a exposición “Vinte anos de danza, vinte anos de historia”, unha mostra organizada polo Conservatorio Profesional de Danza de Lugo para celebrar as dúas décadas de historia.

O vicepresidente da Deputación de Lugo e deputado de Artesanía Efrén Castro inaugurou a mostra e destacou a importancia de abrir “un espazo como a Capela de Santa Maríaás entidades da provincia e coñecer así o traballo que realiza a cultura e a sociedade na provincia e na cidade de Lugo. Por iso, iniciativas como esta sempre terán un espazo neste espazo”.

É necesario comunicar, socializar a importancia de ter en Lugo un centro como este,  que canaliza e atrae talento á cidade. E en xeral, para reivindicar as formacións asrtísticas”, sinalou o vicepresidente.

A través de fotografías, vídeos e materiais dalgúns dos proxectos máis significativos faise un percorrido visual e estético da súa andaina na cidade amurallada. A mostra ten como obxectivo amosar a actividade dancística desenvolvida ao longo destas dúas décadas ao tempo que se homenaxea ao estudantado, que adica tantas horas de traballo a esta disciplina artística e que tras anos de esforzo e constancia acadaron o seu obxectivo.

A mostra poderá visitarse dende o este xoves, 2 de maio, ao 26 de xuño todos os días da semana de 10.30 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

danza capela santa maria