Cultura
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia colabora na edición do sexto volume da colección científica Philtáte, sobre o papel das cidades na romanización

Philtáte
SERVIZO DE PUBLICACIÓNS
IRIA CASTRO

A deputada de Cultura Iria castro participou esta tarde na presentación do sexto volume da colección científica Philtáte, unha serie coordinada pola profesora da USC Dolores Dopico Caínzos e Manuel Villanueva Acuña e editada polo Servizo de Publicacións da Deputación que é un referente internacional no estudo do mundo romano.

Este sexto volume, que reúne unha quincena de artigos de historiadores, arqueólogos, epigrafistas ou linguistas, aborda o papel que as cidades romanas tiveron como impulsoras de cambios e creadores de novas identidades no contexto da romanización.

No acto, celebrado no Vicerreitorado, Iria Castro destacou “a contribución destas publicacións a documentar e difundir o coñecemento que se xenera na Universidade, no ámbito académico e científico, especialmente en materias como a Historia ou as Humanidades” e valorou “a achega destas iniciativas científicas á solidez da proxección internacional do noso patrimonio”.

Philtáte