Cultura
Deputación de Lugo

Iria Castro participou na Festa dos Xogos Tradicionais de Xotramu en Muimenta

XOTRAMU
IRIA CASTRO

A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este domingo á  Festa dos Xogos Tradicionais organizada por Xotramu en Muimenta, unha xornada monográfica dedicada á posta en valor do patrimonico lúdico de Galiza

O campo da Igrexa Vella converteuse en escenario de xogo para público de todas as idades, con multitude de propostas, desde a billarda ou as carreiras de sacos, ata as canaletas, os zancos ou a a comba. Tamén se realizaron demostracións  e obradoiros de construción de enredos e xoguetes tradicionais.

Iria Castro felicitou a Xotramu pola celebración desta xornada e polo traballo de recuperación e estudo do patrimonio lúdico que realizan.

xogos