Cultura
Deputación de Lugo

Concerto final de curso infantil e xuvenil Tradescola

Tradescola
IRIA CASTRO

A deputada de Cultura Iria Castro,  o tenente alcalde de Lugo Rubén Arroxo e a concelleira de Cultura Maite Ferreiro asistiron ao concerto final de curso da Tradescola, no que actuaron alumnas e alumnos dos grupos infantís e xuvenís da escola de música e baile tradicional da Asociación de Gaiterxs Galegxs, que conta co apoio das áreas de Cultura da Deputación e do Concello de Lugo no desenvolvemento da súa actividade.

A actuación, a que seguirán ás de grupos de adultos, marca a recta final dun curso en que máis de 300 alumnas e alumnos de todas as idades asistiron a aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta,  linguaxe musical e iniciación ao baile e á musica tradicional que imparte a Tradescola.