A deputada de Cultura participou no acto de benvida do XI Convivio da Cultura Galega
A deputada de Cultura Iria Castro participou no acto de benvida do XI Convivio da Cultura Galega, que se celebra durante toda a xornada en Outeiro de Rei.
A Casa Museo Manuel María acolleu o acto de inauguración da xuntanza, que reúne o asociacionismo de base do país arredor do legado do poeta.
Na súa intervención, Iria Castro valorou a labor da Fundación Manuel María na garda e na difusión da obra e da memoria do poeta e destacou o papel do asociacionismo de base no mantemento da cultura galega e de referentes culturais propios"
O Convivio continuará durante a tarde cunha foliada e un concerto de Os Carunchos na carballeira de Santa Isabel.