Cultura
Deputación de Lugo

A obra de Albino Fernández chega ao Museo Provincial de Lugo este xoves

Albino Fernández
Exposición
MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
A deputada de Cultura Iria Castro inaugurará ás 19 horas esta mostra, que estará ata o 15 de setembro no espazo da Rede Museística provincial

O Museo Provincial de Lugo inaugura este xoves, 18 de xullo, unha exposición centrada na obra de Albino Fernández. O acto, ás 19 horas, será a presentación desta mostra que estará presente no espazo cultural lucense ata o 15 de setembro. A deputada de Cultura Iria Castro, a xerente da RMP Encarna Lago e a directora do museo Aurelia Balseiro convidan a todo aquel que queira coñecer o traballo deste artista. 

A exposición, que percorre a vida artística de Albino Fernández, está producida polo Museo de Artes do Gravado Estampa Dixital de Ribeira e conta coa colaboración do Consulado Xeral da Republica Arxentina en Vigo

O proxecto está comisariado por Xoan Pastor Rodriguez Santamaría -director do Museo do Gravado- e Carlos L. Bernárdez, autores dos textos do catalogo desta mostra. A exposición conta ademais con vídeo producido para a soa exhibición en sala elaborado polo documentalista Xan Leira.

Fernández é un artista nacido na migración, en Cuba, e tras un paso por San Pedro de Viana, en Chantada, acompañou aos seus pais a Bos Aires, na Arxentina, onde colaborou coa diáspora galega en diferentes accións. A súa formación artística vai facerse nun contexto cultural marcado a grandes trazos por dúas tendencias plásticas, por doas maneiras de entender a acción artística desde a contemporaneidade: unha, a dunha modernidade avanzada, e a outra, a da vangarda abstracta.

O horario de visita será de martes a sábado de 10.00h. a 13.00h. E de 16.00h a 20.30h, os domingos o horario será de 10.00. a 15.00h

convite