Cultura
Deputación de Lugo

Iria Castro entregou os premios do Certame Terra Chá de Creación Infantil e Xuvenil, na última xornada do Festival de Pardiñas

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
cultura
FESTIVAL DE PARDIÑAS
CERTAME TERRA CHÁ

A deputada de Cultura Iria Castro entregou os premios do Certame Terra Chá de Creación Infantil e Xuvenil, unha das iniciativas de fomento da creación artística que se desenvolven arredor do Festival de Pardiñas.

O acto celebrouse na última xornada do festival  - "Feira e Festa da Música e da Arte" - organizado pola Asociación Xermolos, que encheu de música, baile e bo ambiente o campo da feira de Parga, en Guitiriz, con concertos de grupos e músicos de Galiza, Bretaña, Portugal, Bélxica, Francia ou Cuba, obradoiros, recitais, proxeccións e deporte popular.

A XXXI Mostra de Instrumentos de Música Tradicional promovida pola Asociación de Gaiteirxs Galegxs e unha mostra de artesanía completaron o recinto do festival, que contou un ano máis coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.