Leña Verde de Pol celebra o seu trinta aniversario
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu a xornada festiva coa que Leña Verde de Pol celebrou os seus trinta anos de actividade coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Un xantar popular deu comezo a unha tarde de música con actuacións do grupo de música tradicional portuguesa da Associaçao Cultural de Chafé, de Viana do Castelo, de Uxía e do grupo de Pol, que compartiu co público o legado emocional e musical de tres décadas de traballo na formación e difusión da musica e do baile tradicional.
Iria Castro felicitou ao colectivo que puxo como “exemplo da importancia que ten o tecido asociativo na creación de actividade cultural nos concellos rurais e na promoción da música tradicional”