Cultura
Deputación de Lugo

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén participou no acto polo 98 aniversario do nacemento de Fidel Castro

EFRÉN CASTRO

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén participou no acto polo 98 aniversario do nacemento de Fidel Castro que se celebrou este mediodía en Láncara, na Casa Museo Ángel Castro, onde naceu o pai do lider cubano, coa presenza do embaixador de cuba en España, Marcelino Medina González, e da cónsul General para Galiza, Asturias e Cantabria Ingrid Izquierdo Sterling. No acto, promovido pola Asociación de Amizade Láncara-Cuba, o vicepresidente da Deputación destacou os lazos que unen ao pobo galego e cubano, fiados por unha emigración masiva de Galicia a América nas últimas décadas do XIX e primeiras do XIX, e reclamou a fin do bloqueo embargo económico e comercial de Estados Unidos a Cuba, vixente desde hai máis de seis décadas. Ao remate,  Efrén Castro entregou á delegación cubana unha pandeireta do artesán Xaneco Tubio.