Cultura
Deputación de Lugo

O Piornedo celebra o vindeiro sábado a XVII Festa da Pandeira, co apoio da Vicepresidencia da Deputación

Festa da Pandeira
O Piornedo
IRIA CASTRO

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo celebrará o vindeiro sábado, 24 de agosto, xunto á Asociación Cultural O Teixeiro, o Encontro de Tocadoras e a XVII Festa da Pandeira en Piornedo. Unha cita que ano a ano reúne a decenas de tocadoras e tocadores para facer soar os seus instrumentos.

A deputada de Cultura Iria Castro destacou que esta reunión “recupera e difunde os sons tradicionais galegos, divulgando a cultura. Dende a Vicepresidencia provincial consideramos necesario colaborar co tecido asociativo para a posta en marcha de actividades que dinamicen oa cidades e vila lucenses, ao tempo que, a importancia destas iniciativas crean interese e amor pola cultura e a música tradicional”.

A xornada comezará ás 10:30 horas co obradoiro de bailes tradicionais da serra e, ao remate, levarase a cabo un taller de iniciación aos toques da pandeireta. Será a partir das 13.00 horas cando se leve a cabo a acollida e o xantar homenaxe. Xa pola tarde, ás 16,30 horas, haberá tocadoras de pandeireta, música e baile da zona e actuacións de distintas agrupacións e escolas. O encontro despídese coa cea e Polavila.

O programa complétase o venres 23 de agosto cun obradoiro de pandeireta de balde impartido polo músico, tocador e mestre Luís Prego.