Cultura
Deputación de Lugo

A colección numismática do Museo no Congreso estatal desta disciplina que se celebra en Pontevedra

MUSEO DE LUGO

A Dirección e o Departamento de Arqueoloxía e Historia do Museo Provincial de Lugo participan no “XVII Congreso Nacional de Numismática” que se celebra desde este xoves e ata mañá sábado no Museo de Pontevedra.

A directora  Aurelia Balseiro e os responsables do Departamento de Arqueoloxía Enrique Alcorta e María Ofelia Carnero expoñen en diferentes intervencións o traballo de investigación, conservación e divulgación que o Museo Provincial de Lugo  desenvolve ao redor desta disciplina, poñendo en valor a súa ampla colección de numismática e medallística -que conta con máis de 12.000 pezas monetais – na que destaca a recente adquisición do sestercio da caetra.

O Museo Provincial de Lugo está a tramitir a contratación da renovación museográfica da sala de numismática para expoñer de forma permanente esta moeda única ligada á orixe da cidade de Lugo e catalogada como BIC e revalorizar outras pezas singulares da colección.