Cultura
Deputación de Lugo

Iria Castro participou na presentación do cartel do Castañazo, que se celebra o 1 e 2 de novembro en Chantada

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
cultura
CASTAÑAZO
Chantada
FESTIVAL

A deputada de Cultura Iria Castro participou este mércores na presentación do cartel do Castañazo que se celebra os vindeiros 1 e 2 de novembro en Chantada e que conta, unha edición máis, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, entre outras institucións e patrocinadores privados.

Los Chicos del Maíz, Boikot, Zetak, Mondra, Quinkillada, Cool Nenas, Lendakaris Muertos, The Baboon Show, Lontreira, Dios Ke Te Crew e Boyanka Kostova conforman o cartel do festival, que programa actividades paralelas para dinamizar a vila e atraer un publico diverso como cantos de taberna, un magosto, programación para nenas e nenos no Ourizo Miúdo, os Xogos Bravús e unha feira de artesanía, novidade nesta edición, que reunirá unha ducía de artesáns e artesás.

Iria Castro valorou “o gran dinamismo da organización que involucra, de forma directa, a máis dunha vintena de mozas e mozos de Chantada, e que logrou consolidar o festival como un referente musical do outono”  e encadrou o apoio “na colaboración continuada e estable que desde a área de Cultura mantemos co tecido asociativo na organización de festivais de pequeno e mediano formato para manter a oferta de música en directo en toda a provincia e propiciar escenarios para as bandas galegas"

A organización habilita os pavillóns deportivos dos centros educativos da vila como zonas de acampada. As entradas para os concertos están a venda en www.castanhazo.com