Cultura
Deputación de Lugo

O Museo Provincial de Lugo recibe 174 pezas legadas polo coleccionista Xoan Anllo

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO
MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
XOÁN ANLLO VÁZQUEZ
IRIA CASTRO
O conxunto inclúe pezas decorativas e obras de arte contemporáneas entre as que destacan creacións de Joan Miró, Antoni Tapies, Susana Solano, Jorge Castillo ou Antón Lamazares.

O Museo Provincial de Lugo vén de recibir unha importante doazón por legado testamentario de Xoán Anllo Vázquez (Feira do Monte, Cospeito, 1936-Madrid,2023).

O coleccionista, que xa en 2015 doara ao Museo a colección de arte africana, completou o seu mecenado cunha nova achega conformada por 174 pezas - cadros e obras enmarcados e pezas escultóricas e tridimensionais, así como carpetas de gravados, selos e pezas textís-.

O conxunto, valorado en 160.000 euros en 2016, inclúe obras de arte contemporánea europea e pezas decorativas procedentes de Asia -na súa maioría -, África ou América Entre as primeiras, destacan obras de Joan Miró, Antoni Tapies ou Susana Solano e dos galegos Jorge Castillo e Antón Lamazares.

O persoal do Museo Provincial realizará nas vindeiras semanas tarefas de inventariado, restauración e catalogación das pezas recibidas, que amplían e diversifican os fondos do museo, nomeadamente no capítulo de arte gráfica europea contemporánea.

A deputada de Cultura Iria Castro e a directora do Museo Aurelia Balseiro destacaron a xenerosidade do coleccionista chairego co Museo Provincial e avanzaron que no último trimestre do anos se organización unha exposición homenaxe sobre coleccionismo na que se exporán parte das pezas doadas.