A ONG Escola Shantidi expón na Capela de Santa María, en Lugo, achéganos á India a través das imaxes dos seus proxectos de cooperación
Este mediodía inaugurouse na Capela de Santa María, en Lugo, a mostra fotográfica “India desde dentro”, organizada pola ONG Escola Shantidi.
A exposición, que poderá verse no espazo provincial ata o 1 de novembro, achega á cidadanía á realidade deste país a través de imaxes tomadas por voluntarias e colaboradores da oenegué, na súa maioría lucenses, en viaxes realizadas bnos úlitmos anos para desenvolver diferentes proxectos de cooperación no ámbito da hixiene, a nutrición ou a escolarización.
A mostra pode visitarse de luns a venres, sábados, domingos e festivos, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas. A vindeira semana, coincidindo co San Froilán, o horario será de 11.30 a 14.00 horas e de 17.00 a 19:30 horas.



