A exposición Gardiáns de Jorge Arévalo amosa en Mondoñedo a pegada dos animais na cultura
A mostra, promovida pola Vicepresidencia da Deputación e Boaga, poderá verse no Pazo de San Tomé ata o 15 de novembro
O Pazo de San Tomé de Mondoñedo acolle a exposición fotográfica “Gardiáns”, de Jorge Arévalo, con máis de medio cento de imaxes sobre o traballo nas ganderías e a pegada dos animais na cultura.
A mostra, promovida pola Federación Galega de Razas Autóctonas (Boaga) e financiada pola Vicepresidencia da Deputación, xurdiu como un percorrido por ganderías con animais de razas autóctonas, que o autor transcendeu para ofrecer unha ollada máis profunda e complexa a relación entre os animais e as persoas na cultura galega.
Así, as fotografías recollen escenas do traballo diario co gando, dos ciclos vitais dos animais ou as consecuencias dos lumes na actividade gandeira e tamén amosan a pegada dos animais na cultura a partir de celebracions como o Entroido. As imaxes compleméntanse con textos de Olga Novo e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
O deputado Daniel García convidou a achegarse a mostra, que abrimos no marco das San Lucas, unhas festas que gardan a esencia dunh forma de vida e de relacion cos animais e co territorio que forma parte da nosa cultura e do noso patrimonio”.
A exposición, que forma parte da programación das San Lucas, poderá verse no Pazo de San Tomé ata o 15 de novembro.
