fotógrafa Laura Alonso mostra a súa visión persoal do oficio de ferreiro nunha exposición na Capela de Santa María
Lugo, 4 de novembro de 2026.- A Capela de Santa María acollerá o este venres 6 de novembro, ás 18 horas, a inauguración da exposición fotográfica “O Ferreiro de Riotorto. Unha Sinfonía en Catro Tempos”, da artista e deseñadora Laura Alonso.
Trátase dun proxecto fotográfico que busca documentar a esencia do oficio tradicional de ferreiro, cunha mirada íntima e artística sobre o espazo de traballo, as ferramentas e o día a día dun artesán, uníndolle, ademais, un punto de vista persoal, pois o retratado é o pai da artista.
As fotografías combínanse con textos extraídos das conversacións entre pai e filla, estruturando a exposición en catro tempos, relacionados con catro elementos naturais de vinculados ao oficio que funcionan tamén como os catro movementos dunha sinfonía.
A exposición permanecerá aberta na Capela de Santa María ata o 20 de decembro.
