O Blues Museum aposta por directos vibrantes de artistas de nome internacional e estatal cos que o público goce a ritmo de blues. Unha aposta que brinda a oportunidade de desfrutar dos mellores artistas do panorama nacional e internacional, da recoñecida fama de viños e tapas e do patrimonio histórico de Lugo, xa que o espazo dos concertos convive entre Patrimonios da Humanidade como a Muralla de Lugo, o Camiño Primitivo a Santiago de Compostela ao seu paso por Lugo e a Catedral de Santa María.